O curso dividirase en dous cuadrimestres, ó
final dos cales o alumnado será avaliado das catro destrezas
(comprensión lectora, comprensión oral, expresión escrita e expresión e
interacción oral), e será informado do seu rendemento académico en Centrosnet.
Nos cursos terminais de
nivel , a proba de progreso de febreiro terá unicamente valor
orientativo para o alumnado, é dicir, non se terá en conta na nota final.
Para obter os certificados de cada nivel será
necesaria a superación de probas terminais específicas de certificación. Estas
probas serán comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza e
realizaranse en convocatoria ordinaria no mes de xuño e en convocatoria extraordinaria no mes de
setembro, na data e horario que estableza a Dirección Xeral. Ditas probas teñen
carácter unificado e celébranse nun mesmo día e hora para todo o alumnado.
En ningún caso, se poderán modificar as datas nin horas.
As probas de certificación estructuraranse en catro
partes: comprensión lectora, comprensión oral, expresión e interacción escrita
e expresión e interacción oral.
As probas correspondentes á comprensión de lectura
e comprensión oral basearanse en textos auténticos ou adaptados extraídos das diferentes fontes de
comunicación oral ou escrita. A proba de expresión oral avaliará tanto o logro
da comunicación proposta como a corrección e adecuación fonética e lingüística,
e comprenderá monólogo sostido e interacción co profesor ou outros aspirantes.
Os criterios de avaliación para cada unha das
destrezas están recollidos na programación de departamento consonte o decreto
191 / 2007.
A puntuación total da proba de certificación será
de 100 puntos. Cada unha das partes da que se compón terá un valor de 25
puntos. Para obter unha cualificación final de apto (non haberá cualificación
numérica), haberá que obter necesariamente unha puntuación mínima de 15 puntos
en cada unha das partes, o que supón un 60 % da puntuación total. O alumnado
examinarase de todas as partes da proba e ningunha delas será considerada
eliminatoria para a realización do resto delas. De non presentarse a algunha
das partes recibirá a cualificación global
de non apto.
Os alumnos que non superaran tódalas destrezas na
convocatoria ordinaria de xuño, examinaránse exclusivamente das destrezas non
superadas na convocatoria de setembro.
De non obter a cualificación de Apto en todas as
destrezas na convocatoria extraordinaria de setembro, o alumnado oficial deberá
repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas. Non
obstante, de ter alcanzado o dominio requirido nalgunha delas, poderá solicitar
unha certificación académica que o acredite.
A cualificación das probas de expresión e
interacción escrita e da expresión e interacción oral será realizada por tribunais
que estarán formados polo menos por dous membros do departamento.
LIMITE DE CONVOCATORIAS
O alumnado oficial poderá
permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un
deles pola lexislación vixente. O plazo para solicitar ao centro a renuncia de matrícula remata o 30 de abril. Logo de esgotadas as
convocatorias o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial,
pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación.
RECLAMACIÓNS ÁS
CUALIFICACIÓNS
O profesorado facilitará ao
alumnado a revisión de todas as probas realizadas e as escolas farán públicos
os resultados das probas de certificación para o alumnado de todas as
modalidades. O alumno/a que estea en desacordo coa súa cualificación final
poderá presentar unha reclamación perante a dirección da escola oficial de
idiomas no prazo de dous días hábiles contados a partir da publicación da nota
final. A
reclamación terá que basearse nun destes aspectos: inadecuación dos obxectivos,
contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo
oficial e na programación didáctica do departamento / incorrecta aplicación dos
procedementos e instrumentos de avaliación ou criterios de cualificación
establecidos para estas probas.
BIBLIOTECA
Os alumnos da
sección teñen dereito a usar a biblioteca da sede da EOI de Pontevedra que dispón dos seguintes
servizos:
EN SALA: Consulta de todos os fondos (formato impreso e
multimedia), Internet, canais internacionais de TV etc.
A DOMICILIO: Empréstito da maioría dos fondos
durante unha semana, incluíndo VHS e DVDs.
Para ter
acceso a estes servizos é indispensable ser alumno/a da escola.
A biblioteca
está formada polas zonas de recepción e información, de multiteca ou zona de
consulta de documentos audiovisuais e Internet, a sala de estudo e a zona de
materiais bibliográficos por idiomas.
Hai documentos
que son de libre acceso (dicionarios, enciclopedias...) que poden collerse
directamente dos andeis. O material das vitrinas estará accesible cando haxa
profesorado de garda.
O arquivo
contén fondos bibliográficos en soporte papel (libros de texto e de lectura,
dicionarios, gramáticas, cómics), material audiovisual (DVD, CD-Rom), material
audio (casetes, CD), periódicos e revistas en todas as linguas impartidas. Así
mesmo, hai material de Inglés a distancia (That’s
English!) e un fondo de películas en V.O.S. en todos os idiomas impartidos
na escola. A consulta do catálogo da biblioteca pódese realizar desde calquera
ordenador no seguinte enderezo: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/
O servizo de
empréstito da biblioteca ofrécese de xeito gratuíto para todo o alumnado
matriculado na EOI de Pontevedra, calquera que sexa a modalidade de ensino.
Os alumnos da sección do
Valle-Inclán terán una biblioteca de
aula con libros de lectura que poderán levar gratuitamente durante 10 días.
Pregamos a colaboración dos alumnos para preservar estes fondos.
MATERIAL OBRIGATORIO
STRAIGHTFORWARD
INTERMEDIATE B1+ Student’s book, Macmillan.
STRAIGHTFORWARD
INTERMEDIATE B1+ Workbook, Macmillan.
MATERIAL RECOMENDADO: Dispoñible (ou pronto estará)
na Biblioteca
ENGLISH VOCABULARY
IN USE (INTERMEDIATE). Stuart Redman –Cambridge University Press
ENGLISH GRAMMAR IN
USE (INTERMEDIATE) Raymond Murphy- Cambridge University Press
DEVELOPING GRAMMAR
IN CONTEXT. Mark Nettle- Cambridge University Press
OXFORD PRACTICE
GRAMMAR-John Eastwood- Oxford University Press
DESTINATION- B1
(Grammar and Vocabulary) Malcolm Mann- MACMILLAN
WEBS INTERESANTES
http://www.elllo.org/Inglés por rexión. Diferentes
falantes e diferentes temas. Exercicios e transcripcións que se poden facer ou
ler en liña ou ben descargar.