martes, 2 de octubre de 2012

martes, 18 de septiembre de 2012

GENERAL INSTRUCTIONS

Here you can read the general instructions for the course:




  INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 2º DE INTERMEDIO                                                             CURSO 2012-2013

O curso dividirase en dous cuadrimestres, ó final dos cales o alumnado será avaliado das catro destrezas (comprensión lectora, comprensión oral, expresión escrita e expresión e interacción oral), e será informado do seu rendemento académico en Centrosnet.

Nos cursos terminais de nivel , a proba de progreso de febreiro terá unicamente valor orientativo para o alumnado, é dicir, non se terá en conta na nota final.

Para obter os certificados de cada nivel será necesaria a superación de probas terminais específicas de certificación. Estas probas serán comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza e realizaranse en convocatoria ordinaria no mes de xuño  e en convocatoria extraordinaria no mes de setembro, na data e horario que estableza a Dirección Xeral. Ditas probas teñen carácter unificado e celébranse nun mesmo día e hora para todo o alumnado. En ningún caso, se poderán modificar as datas nin horas.

As probas de certificación estructuraranse en catro partes: comprensión lectora, comprensión oral, expresión e interacción escrita e expresión e interacción oral.

As probas correspondentes á comprensión de lectura e comprensión oral basearanse en textos auténticos ou adaptados  extraídos das diferentes fontes de comunicación oral ou escrita. A proba de expresión oral avaliará tanto o logro da comunicación proposta como a corrección e adecuación fonética e lingüística, e comprenderá monólogo sostido e interacción co profesor ou outros aspirantes.

Os criterios de avaliación para cada unha das destrezas están recollidos na programación de departamento consonte o decreto 191 / 2007.

A puntuación total da proba de certificación será de 100 puntos. Cada unha das partes da que se compón terá un valor de 25 puntos. Para obter unha cualificación final de apto (non haberá cualificación numérica), haberá que obter necesariamente unha puntuación mínima de 15 puntos en cada unha das partes, o que supón un 60 % da puntuación total. O alumnado examinarase de todas as partes da proba e ningunha delas será considerada eliminatoria para a realización do resto delas. De non presentarse a algunha das partes recibirá a cualificación global  de non apto.
Os alumnos que non superaran tódalas destrezas na convocatoria ordinaria de xuño, examinaránse exclusivamente das destrezas non superadas na convocatoria de setembro.

De non obter a cualificación de Apto en todas as destrezas na convocatoria extraordinaria de setembro, o alumnado oficial deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as destrezas. Non obstante, de ter alcanzado o dominio requirido nalgunha delas, poderá solicitar unha certificación académica que o acredite.

A cualificación das probas de expresión e interacción escrita e da expresión e interacción oral será realizada por tribunais que estarán formados polo menos por dous membros do departamento.


LIMITE DE CONVOCATORIAS
O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles pola lexislación vixente. O plazo para solicitar ao centro a renuncia de matrícula remata o 30 de abril. Logo de esgotadas as convocatorias o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial, pero poderá inscribirse para realizar as probas terminais de certificación.

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS
O profesorado facilitará ao alumnado a revisión de todas as probas realizadas e as escolas farán públicos os resultados das probas de certificación para o alumnado de todas as modalidades. O alumno/a que estea en desacordo coa súa cualificación final poderá presentar unha reclamación perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de dous días hábiles contados a partir da publicación da nota final. A reclamación terá que basearse nun destes aspectos: inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento / incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación ou criterios de cualificación establecidos para estas probas.

BIBLIOTECA
Os alumnos da sección teñen dereito a usar a biblioteca da sede da EOI  de Pontevedra que dispón dos seguintes servizos:

EN SALA: Consulta de todos os fondos (formato impreso e multimedia), Internet, canais internacionais de TV etc.

A DOMICILIO: Empréstito da maioría dos fondos durante unha semana, incluíndo VHS e DVDs.

Para ter acceso a estes servizos é indispensable ser alumno/a da escola.

A biblioteca está formada polas zonas de recepción e información, de multiteca ou zona de consulta de documentos audiovisuais e Internet, a sala de estudo e a zona de materiais bibliográficos por idiomas.

Hai documentos que son de libre acceso (dicionarios, enciclopedias...) que poden collerse directamente dos andeis. O material das vitrinas estará accesible cando haxa profesorado de garda.

O arquivo contén fondos bibliográficos en soporte papel (libros de texto e de lectura, dicionarios, gramáticas, cómics), material audiovisual (DVD, CD-Rom), material audio (casetes, CD), periódicos e revistas en todas as linguas impartidas. Así mesmo, hai material de Inglés a distancia (That’s English!) e un fondo de películas en V.O.S. en todos os idiomas impartidos na escola. A consulta do catálogo da biblioteca pódese realizar desde calquera ordenador no seguinte enderezo: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/

O servizo de empréstito da biblioteca ofrécese de xeito gratuíto para todo o alumnado matriculado na EOI de Pontevedra, calquera que sexa a modalidade de ensino.

Pódesen consultar horarios e normas de uso nos taboleiros da biblioteca e na páxina web da escola : http://centros.edu.xunta.es/eoidepontevedra/

Os alumnos da sección do Valle-Inclán terán una biblioteca de aula con libros de lectura que poderán levar gratuitamente durante 10 días. Pregamos a colaboración dos alumnos para preservar estes fondos.

MATERIAL OBRIGATORIO


STRAIGHTFORWARD INTERMEDIATE B1+ Student’s book, Macmillan.
STRAIGHTFORWARD INTERMEDIATE B1+ Workbook, Macmillan.

MATERIAL RECOMENDADO: Dispoñible (ou pronto estará) na Biblioteca

 

ENGLISH VOCABULARY IN USE (INTERMEDIATE). Stuart Redman –Cambridge University Press
ENGLISH GRAMMAR IN USE (INTERMEDIATE) Raymond Murphy- Cambridge University Press
DEVELOPING GRAMMAR IN CONTEXT. Mark Nettle- Cambridge University Press
OXFORD PRACTICE GRAMMAR-John Eastwood- Oxford University Press
DESTINATION- B1 (Grammar and Vocabulary) Malcolm Mann- MACMILLAN

WEBS INTERESANTES


http://www.elllo.org/Inglés por rexión. Diferentes falantes e diferentes temas. Exercicios e transcripcións que se poden facer ou ler en liña ou ben descargar.
http://www.cdlponline.org/index.cfm?fuseaction=homepage -   Actividades para estudantes adultos: as actividades están clasificadas por temas.

WELCOME!

Welcome to all the 2nd year Intermediate Students at the EOI Pontevedra!!!

This blog has been designed with the aim of helping you keep up with the class and complementing your lessons with extra material to practice your skills (listening, reading and writing), so I hope you'll make the most of it!